24 Otoño 2012 Resumen De un tiempo a esta parte, a menudo se viene debatiendo la relación de los jóvenes con la delincuencia. A esto es necesario añadir que, generalmente, esta relación se entiende como producto de una banda de jóvenes con fines criminales. Ciertamente, hay que hacer constar el carácter grupal de los jóvenes en el plano delictivo, sin embargo, recientes investigaciones muestran que en España, los grupos juveniles delictivos distan en gran medida de ser agrupaciones criminales consolidadas y creadas con la finalidad de delinquir. Reflexionar acerca de los jóvenes y las agrupaciones juveniles, entre ellas, las bandas criminales, es el objetivo de este artículo. Naquel momento rumoreábase, e segue a rumorearse sobre a rivalidade entre a nación Latin Kings e a Asociación Ñeta, e entre outros grupos latinos que habitaban nos barrios de Barcelona. Coñecéronse varios altercados entre xoves que en moitos dos casos se saldaron con vítimas. Perseguíronse as organizacións e aos seus xoves, perseguiuse a estética latina e a rapeira, e como é normal, a sociedade entrou nun estado de preocupación polos acontecementos, e pola intranquilidade que isto supuxo, sobre todo nos barrios onde hai poboación latina. A culpa coma sempre, levárona todos, sen discriminación e levárona coma sempre os máis débiles, os máis visibles e os máis ruidosos, moi poucas veces nos paramos a analizar porque pasa isto, se non será produto do sistema. A maioría dos movementos sociais xéranse en contestación ao mal funcionamento do sistema, ás diferenciais sociais e á falta de solución en evolucionar cara un mundo máis xusto. Son palabras de Xaime López, coordinador do proxecto “Unidos por el Flow”, unha iniciativa de éxito xurdida en Barcelona, que tentou e logrou integrar a máis de 25 membros de diferentes bandas latinas, dende sempre entendidas como rivais, nun proxecto musical común. Nos últimos anos asistimos a un proceso de alarmismo da inseguridade cidadá, unha experimentación de medos da sociedade ante certos grupos e espazos sociais, nos cales se está a construír un imaxinario ao redor dos xoves que fixa sobre eles a desconfianza, inquietude e ameaza. Ao redor dos anos 90 deuse en España un aumento da alarma social sobre os enfrontamentos violentos e agresións entre grupos de xoves. A meirande parte desta atención veu dada polo tratamento outorgado a este tipo específico de comportamento de risco polos medios de comunicación (Rechea, 2008) xerándose un importante aumento da preocupación social. O incremento progresivo de novas e outras referencias mediáticas sobre as condutas desviadas xuvenís, contribuíu á propagación de estereotipos sobre os grupos de xoves con diferencias estéticas, aos que se asociaba cun tipo de violencia gratuíta, en moitas ocasións, moi alonxada da realidade. A “doutrina Giuliani” xurdida en New York en 1993 e estreitamente relacionada coa campañas de “Tolerancia Cero”, actuou tanto nos ámbitos políticos como no dos medios de comunicación, coma unha caixa de resonancia de cualificacións e estigmatizacións que contribúen a xerar unha opinión pública sobre certos sectores sociais. Entre eles: sobre os xoves, inmigrantes, de clases baixas e de barrios marxinais. Así, dun xeito simplista e en grande medida infundado, contribuíuse a etiquetalos como “perigosos”, “drogadictos” ou “violentos” (Reguillo, 2000). Sen embargo, contra a crenza xeral, os índices oficiais (en España) parecen intuír que a evolución da delincuencia xuvenil é que cada ano hai un menor número de delitos violentos en xeral (Rechea, 2008). En palabras de Laespada e Salazar (1999), “non é que ocorran máis actuacións violentas protagonizadas polos nosos xoves, senón que as que se producen teñen unha presenza moi significativa nos medios e, polo tanto, unha maior permanencia nas nosas retinas”. En calquera caso, a delincuencia xuvenil caracterízase sobre todo por constituír un fenómeno grupal (Rechea, 2000) e é pois neste sentido no cal debe ser analizada e interpretada a delincuencia cometida por xoves. Falar de grupos xuvenís e delincuencia, é polo xeral interpretado como un fenómeno de bandas xuvenís con alta carga de perigosidade. Sen embargo, nada máis lonxe da realidade, os grupos de xoves adquiren distintas formas e manifestacións en función das motivacións que levaron á súa creación ou xurdimento, e tamén en función dos fins últimos da mesma. As máis habituais formas de grupos de menores son aquelas por completo alonxadas das condutas desviadas. Sen embargo, tampouco se pode obviar a efectiva existencia dalgúns grupos minoritarios de xoves con certa vinculación ás actividades antisociais, e finalmente, algúns outros aínda máis minoritarios cuxa razón de existencia é a conduta criminal. As principais razóns de diferenciación entre unhas e outras modalidades son principalmente a organización do grupo, perdurabilidade do mesmo e vinculación coa delincuencia grave. Non obstante, establecer onde se marcaría a diferenza entre as distintas tipoloxías e definir claramente que é unha banda xuvenil por contra ás outras manifestacións de agrupación xuvenil, é unha cuestión a día de hoxe pendente de consenso por parte dos seus estudosos. O termo “banda” é un concepto que dado o variado uso do mesmo polas distintas institucións ou colectivos sociais, así como polos propios investigadores, englobaría unha multitude de agrupacións de diversas características. Asi mesmo, parece que para o común da sociedade e influído isto polos medios de comunicación como se apuntou anteriormente, abonda con que exista un status xuvenil
RkJQdWJsaXNoZXIy MTY4MjU3