Rúbricas Número Especial

26 Otoño 2012 relacionado cunha serie de condutas imprudentes, para que o imaxinario social “entenda” que se está facendo referencia a unha banda xuvenil. E aproveitando as palabras de Downs e Hess (2000) estaríase transmitindo a idea dun “grupo de individuos altamente organizado, envolvido en asuntos de drogas e moi perigoso”. O estudo das agrupacións xuvenís e a súa relación coa delincuencia remóntase á Escola de Chicago, pioneira en tratar de ofrecer unha diferenciación entre unha banda xuvenil, grupo relacionado coa delincuencia e aqueles outros conxuntos de xoves que nada tiñan que ver coa conduta criminal. A partir da década dos 70 foron sucedéndose diversas aportacións a este estudo, das cales, a conclusión xeral foi que é preciso establecer unha tipoloxía de agrupacións xuvenís en función da súa vinculación coa delincuencia. Produto da falta de consenso teórico no significado do termo “banda”, xurdiu como resultado da asociación de expertos no tema, Eurogang Network: un grupo de estudo do fenómeno da delincuencia grupal xuvenil. Botando man dun dos seus máis destacados representantes, Juanjo Medina, por unha banda debería entenderse “un grupo estable de xoves con presenza en espazos públicos que deriva a súa identidade grupal da participación en actividades delituosas”. Asumida esta definición, para poder referirse a un grupo xuvenil como “banda” este debe reunir unha serie de criterios: estar formado por un mínimo de tres suxeitos de idade adolescente, que acostumen a pasar moito tempo xuntos e dispoñan dun espazo público onde pasar ese tempo, que dito grupo sexa estable en canto á súa antigüidade, e sobre todo e como criterio indispensable, que leve a cabo condutas ilegais en grupo. O Centro de Investigación en Criminoloxía, da Universidade de Castilla-La Mancha, seguindo as pautas de Eurogang Network tratou de elaborar unha tipoloxía de grupos xuvenís en relación aos mesmos coa delincuencia. Empregouse a metodoloxía de autoinforme , de xeito que un total de 4152 xoves de España responderon a diversas preguntas nas cales se trataba de coñecer a súa vinculación coas condutas desviadas. Os resultados derivados deste estudo mostraron que era posible distinguir catro tipoloxías de agrupacións xuvenís: grupo estable de amigos sen ningunha vinculación coas condutas delituosas; grupo de amigos susceptible de ser ilegal, serían aqueles que a pesar de que o suxeito manifeste que no seu conxunto de amigos hai unha valoración favorable ao feito de cometer condutas antisociais e/ou delituosas non manifestaron telo cometido; grupo xuvenil delituoso, aquel no cal ademais de estar ben visto facer cousas ilegais, se fan; e finalmente banda, serían aqueles que cumprindo con todos os requisitos anteriores, ademais se consideran a si mesmos membros dunha banda. Os datos obtidos no estudo, mostraron que un 11.7% de xoves pertencerían a un grupo xuvenil delituoso, porcentaxe que se reducía a un 2.1% cando se preguntaba se se consideraba ao grupo de amigos unha banda. Tratouse ademais de coñecer cales eran as actividades en contra da norma máis habituais, do cal resultou curioso observar que a maioría das condutas antisociais que levan a cabo no grupo de amigos están máis relacionadas con aquelas de tipo vandálico que coas de tipo delituoso. É dicir, a maioría dos suxeitos finais (2.1%) manifestou que na súa banda se daban máis facilmente actos como o consumo de drogas ou roubos en establecementos comerciais (considerados condutas habituais entre os adolescentes non indicadoras de criminal), que aquelas máis graves que supuxeran dano nas persoas ou forza nas cousas para roubar (obtendo estes últimos unha moi feble significación). De todo o anterior, podería deducirse que a meirande parte dos grupos xuvenís, máis alá dun fin criminal, xorden coma un espazo de relación entre iguais, un espazo no cal achar a independencia emocional respecto das outras institucións sociais como pode ser a familiar. A unión en grupos que crean a súa propia subcultura, complicidades, linguaxe, comportamento, gustos, música ou forma de vestir (Landrove, 2007). Un proceso de socialización necesario que non necesariamente ten porque dirixirse á conduta delituosa. Sinala tamén Juanjo Medina (2010) que outra das razóns que moitos autores manteñen sobre o xurdimento das agrupacións xuvenís, é que representan o baleiro de poder deixado polo Estado ou aquelas institucións encargadas de velar pola exclusión social e o benestar social. Reflexión que dalgún xeito fai referencia á necesidade dalgúns xoves a compartir espazo cos seus iguais. Por exemplo, xoves inmigrantes recén chegados a un novo entorno no cal non son integrados e finalmente, rematan facendo unión con outros procedentes do seu mesmo lugar. Unha deixadez de protección por parte do Estado que pode conlevar a unha conduta de marxinalidade, a unha busca de recursos ou necesidades que en ocasións se acaban obtendo pola vía ilícita ante aos atrancos sociais a obtelos pola vía normativa. Ou, por pechar tamén coas palabras de Xaime López, coordinador de “Unidos por el Flow”, […]o primeiro contacto que tivemos cos xoves da organización Latin King ou Ñeta, a finais do 2005, non foi tan diferente á que tivemos con outros xoves de outros colectivos, as súas formulacións e as súas necesidades eran e son semellantes ás de xoves que coñecen por primeira vez un centro xuvenil ou un espazo con recursos.

RkJQdWJsaXNoZXIy MTY4MjU3